CURSO: ATENCIÓN AO SOCIO E RESOLUCIÓN DE CONFLITOS
Este ano, e no marco do convenio asinado coa Consellería do Mar esta Federación ten programada unha serie de accións formativas dirixidas aos traballadores das confrarías e en concreto poñemos en marcha o curso denominado ATENCIÓN AO SOCIO E RESOLUCIÓN DE CONFLITOS. O programa do curso está a vosa disposición na web da Federación Galega no enlace da inscripción.
Solicitamos a máxima difusión ao colectivo de traballadores das confrarías para que se inscriban o antes posible (prazas limitadas) a través do formulario adxunto.
Data da xornada: 30/10/2019 e 06/11/2019
Hora: 9:00 – 15:00 horas
Lugar: Sede da Federación Galega
PROGRAMA
- MODULO 1: FUNDAMENTOS DE SERVIZO AO SOCIO
- 1.1 Quen é o socio?
- 1.2 Que é o servizo ao socio? Diferencia entre atención e servizo ao socio
- 1.3 O triángulo do servizo
- 1.4 Os momentos da verdade
- 1.5 O Ciclo do servizo
- 1.6 Momentos críticos da verdade
- 1.7 O mal servizo e os seus custos. Actitudes que determinan o mal servizo
- MODULO 2: EXTRATESIAS DE SERVIZO AO SOCIO
- 2.1 Acordos de niveis de servizo
- 2.2 A avaliación do servizo
- 2.3 Manexo de queixas, reclamos e suxerencias
- 2.4 Retención e fidelización de socios
- 2.5 Valores que melloran o servizo
- MODULO 3: RESOLUCIÓN DE CONFLITOS
- 3.1 O Ciclo dos conflitos
- 3.2 Tipoloxía dos conflitos
- 3.3 Estilos de afrontamento do conflito
- 3.4 Diversidade e conflito
- 3.5 Emocións e conflito
- 3.6 Habilidades e comunicación
- 3.7 Proceso de resolución
Comentarios
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.