Imprimir
Visto: 1654

 

11.960 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 123 Mércores, 30 de xuño de 2010
Orde do 24 de xuño de 2010 pola que se
determinan as épocas hábiles de caza
durante a tempada 2010-2011.
O artigo 42 da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de
Galicia, establece a obriga de regular anualmente
mediante orde as épocas hábiles de caza para as distintas
especies cinexéticas, as limitacións ao exercicio
da caza, os réximes especiais, necesarios e a normativa
aplicable nos terreos de réxime cinexético común.
En cumprimento do disposto no artigo 42 da
Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, oídos
os comités provinciais e o comité galego de caza, no
uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do
22 de febreiro, da Xunta e da súa presidencia modificada
polas leis 11/1988, do 20 de outubro e
7/2002, do 27 de decembro, e de conformidade co
disposto no Decreto 318/2009, do 4 de xuño, polo
que se establece a estrutura orgánica da Consellería
do Medio Rural en relación co Decreto 83/2009, do
21 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica
dos departamentos da Xunta de Galicia,
DISPOÑO:
TÍTULO I
NORMAS DE CARÁCTER XERAL
Artigo 1º.-Obxecto.
Esta orde de vedas regula os períodos hábiles de
caza, as especies sobre as que se poderá exercer, os
métodos autorizados para a súa práctica e as limitacións
xerais ou particulares que afectarán o exercicio
da actividade cinexética no territorio da Comunidade
Autónoma de Galicia durante a tempada 2010-2011,
considerada esta como o período comprendido entre
o 1 de agosto de 2010 e o 31 de xullo do ano 2011.
Artigo 2º.-Período hábil para a caza.
O período hábil para exercer a caza, válido con
alcance xeral, será o comprendido entre os días 17
de outubro de 2010 e o 6 de xaneiro de 2011, ambos
inclusive, na Comunidade Autónoma de Galicia,
coas excepcións que para cada especie se sinalan no
título V de esta orde. Os días da semana en que se
permitirá o seu exercicio dependerán de que se trate
dunha ou doutra das modalidades de caza maior
ou menor e veñen detallados nos títulos II e III desta
orde que se refiren a cada unha delas, así como
nas limitacións sinaladas no título V desta orde.
Nos terreos sometidos a réxime cinexético especial
en que se inclúan zonas de caza permanente e de
adestramento de cans conforme o disposto no artigo 8
do Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se
aproba o Regulamento de caza de Galicia, serán de
cumprimento todas as disposicións recollidas nesta
orde, salvo aquelas que expresamente se determinen
na resolución que estableza a súa autorización.
Nas zonas de caza permanentemente reflectidas nos
plans de ordenación cinexética do correspondente
Tecor, autorízase a caza sementada de paspallás e perdiz,
todos os días do ano. Igualmente, poderase autorizar
a caza sementada de coello de monte e faisán.
Artigo 3º.-Venda, transporte e comercio das pezas
de caza.
1. Só poderán ser obxecto de venda, transporte ou
comercio as especies silvestres cazables que se relacionan
no anexo II desta orde. Isto poderá realizarse unicamente
durante a tempada hábil de caza para cada especie.
O tráfico ou comercio de especies de protección
temporal nas provincias onde a súa captura estivese
prohibida precisará dunha guía expedida polo organismo
competente que xustifique a súa procedencia.
2. Os exemplares de especies cinexéticas, procedentes
de explotacións industriais, así como os seus
ovos cando se trate de aves, poderán comercializarse
en calquera época do ano, logo da acreditación suficiente
da súa orixe e do cumprimento dos requisitos
fixados no artigo 2 do Real decreto 1118/1989, do 15
de setembro, e demais normativa de ámbito sanitario.
Artigo 4º.-Repoboacións cinexéticas.
A posta en liberdade de animais silvestres vivos de
carácter cinexético requirirá autorización previa do
xefe territorial da Consellería do Medio Rural da
provincia correspondente, conforme o artigo 31 da
Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia. Na
solicitude de autorización deberán facerse constar
as especies, o número e a procedencia dos exemplares
que se propón adquirir, así como a adecuación
de tal propósito ás previsións do plan técnico de
aproveitamento cinexético que afecta o terreo onde
vaian ser liberados os especimes.
TÍTULO II
CAZA MENOR
Artigo 5º.-Días hábiles.
Considéranse días hábiles de caza os xoves, domingos
e festivos de carácter estatal e autonómico.
Artigo 6º.-Limitacións de carácter xeral.
1. Naqueles terreos de réxime cinexético común
en que, en virtude do establecido no artigo 9.3º da
Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, estea
permitido o exercicio da caza ao contar cunha superficie
continua superior ás 500 ha, a cota máxima por
cazador e día será dunha perdiz rubia e dous coellos.
2. Nos terreos de réxime cinexético especial as
cotas serán as que se establezan nos correspondentes
plans de aproveitamento.
Artigo 7º.-Métodos e modalidades de caza.
1. Na práctica da caza en man, con ou sen cans,
nos terreos de aproveitamento cinexético común non
se poderá cazar en grupos maiores de seis cazadores,
nin cazar coordinadamente máis dun grupo. Cada
cazador poderá cazar como máximo con catro cans,
cun máximo de 16 por grupo.
Nº 123  Mércores, 30 de xuño de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.961
2. Mentres non haxa unha regulación específica da
cetraría na Comunidade Autónoma de Galicia, o Servizo
de Conservación da Natureza, por delegación do
director xeral de Conservación da Natureza, poderá
autorizar o exercicio desta modalidade de caza.
Artigo 8º.-Adestramento de cans e aves de cetraría.
1. Autorízase o adestramento de cans, sen petición
previa, desde o 2 de setembro ata o 16 de outubro de
2010, os xoves, sábados, domingos e festivos de
carácter estatal ou autonómico. Desde o 17 de outubro
ata o remate da tempada hábil de caza menor
poderase adestrar eses mesmos días, excepto os sábados,
en todo caso, sen armas nin calquera outro medio
de caza e sen que se produza a captura nin a morte da
peza. O número máximo de cans por cazador será de
4 e de 16 por grupo constituído por un máximo de seis
cazadores, sexa cal sexa o tipo de réxime do terreo
cinexético no que se realice o adestramento.
2. Autorízase o adestramento de cans en terreos de
réxime cinexético especial, nas zonas destinadas a
ese fin, sen petición previa, ao longo de todo o ano,
agás nos meses de maior sensibilidade para a cría
das especies presentes na zona, cun mínimo de dous
meses de suspensión, que serán propostos polo titular
do espazo cinexético no plan anual de aproveitamentos
escollidos no período que vai de abril a
xullo, entendéndose no seu defecto, que se corresponden
cos meses de maio e xuño.
3. Autorízase o adestramento na modalidade de
cans atrelados en terreos de réxime cinexético especial,
en toda a superficie e ao longo de todo o ano,
agás nas épocas sensibles de cría, determinándose
esta época conforme o exposto no parágrafo anterior,
e coas seguintes condicións: ter o can atrelado e
controlado en todo momento, non molestar en ningún
caso as especies cinexéticas, non acercarse ao
cocho da peza, un can por cazador e coa autorización
do titular do Tecor ou explotación cinexética.
4. Os titulares de terreos de réxime cinexético
especial extremarán as precaucións e adoptarán as
medidas de seguridade precisas para evitar accidentes
ou calquera interferencia durante a realización
de ganchos ou montarías, no período que coincida co
permitido para o adestramento de cans, non podendo
realizar o adestramento na mesma mancha onde
se realiza o gancho ou montaría.
5. Con fins de competición, logo do informe da
Federación Galega de Caza, os servizos de conservación
da natureza, por delegación do director xeral de
Conservación da Natureza, poderán autorizar o adestramento
de cans de rastro e mostra e das aves de
cetraría, con caza sementada, en calquera época do
ano nos lugares autorizados para estes fins.
6. En calquera actividade de adestramento de cans
e aves de cetraría será obrigatorio portar a licenza de
caza e demais documentación precisa.
Artigo 9º.-Competicións de caza.
A Federación Galega de Caza ou as sociedades de
cazadores, logo da súa autorización, poderán celebrar
competicións de caza en terreos de réxime cinexético
especial, os xoves, sábados, domingos e festivos.
Nas competicións poderán abaterse pezas de
caza silvestres cando se realicen durante a tempada
hábil de caza e ao longo de todo o ano, se se realizan
con caza sementada ou sen morte da caza.
TÍTULO III
CAZA MAIOR
Artigo 10º.-Días hábiles.
Considéranse días hábiles de caza, con carácter
xeral, os xoves, domingos e festivos de carácter estatal
ou autonómico, coas excepcións que se recollen
nesta orde.
Artigo 11º.-Métodos e modalidades de caza.
1. A realización de montarías ou ganchos en
terreos de réxime cinexético especial requirirá a
notificación previa ao servizo de conservación da
natureza correspondente, que deberá ser efectuada
polo menos cunha antelación de 10 días. Tamén
poderá comunicarse mediante un calendario que
abarque toda a tempada. Tanto a solicitude como a
súa realización deberá axustarse ao disposto na Lei
de caza de Galicia e no seu regulamento.
2. Nos terreos de réxime cinexético común en que, en
virtude do establecido no artigo 9.3º da Lei 4/1997, de
caza de Galicia, estea permitido o exercicio da caza ao
contar cunha superficie continua superior ás 500 ha,
a caza maior só se poderá exercer os sábados e na
modalidade de gancho ou montaría, cos requisitos
que se dispoñen na Lei de caza de Galicia e no seu
regulamento e a autorización previa do servizo de
conservación da natureza correspondente, por delegación
do director xeral de Conservación da Natureza.
3. A solicitude e a realización dos ganchos e montarías,
así como as medidas precautorias, normas de
seguridade e responsabilidade, estarán suxeitos aos
requisitos que prevexa a Lei de caza deGalicia e o seu
regulamento. Se por calquera circunstancia algún dos
ganchos ou montarías autorizados non se puidese efectuar
no lugar e data fixados, en ningún caso se poderá
trasladar a súa realización a outra data ou lugar.
4. Nos ganchos e montarías o seu responsable
deberá levar no seu poder, en todo momento, a autorización
correspondente e a relación completa, encabezada
por el, dos participantes cos respectivos
nomes e números do DNI. Esta relación deberá estar
confeccionada no momento da colocación dos cazadores
nos postos.
5. Nos terreos de réxime cinexético especial cando
se celebre un gancho ou montaría, poderase disparar
a todas as pezas de caza maior que se atopen en
período hábil de caza e que estean recollidas no
Plan de ordenación cinexético e no Plan de aprovei11.962
DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 123  Mércores, 30 de xuño de 2010
tamentos anual e non se teña cuberta a cota de capturas.
Coas mesmas premisas poderáselle disparar
ao raposo utilizando armas e municións propias da
caza maior sempre que se faga constar na solicitude.
Artigo 12º.-Pezas de caza.
1. Nos plans de aproveitamento dos terreos de
réxime cinexético especial e nas autorizacións concedidas
para o exercicio da caza maior nos terreos
de aproveitamento cinexético común especificaranse
as pezas de caza por especie, sexos e idades sobre
as que se poderá exercer a caza.
2. En todo caso, nunca poderán incluírse como
pezas de caza:
a) As femias de especies de caza maior cando
vaian acompañadas das súas crías.
b) Os machos inmaduros das especies corzo, cervo
e gamo.
c) Os machos adultos que efectuasen a esmouca
antes do peche do seu período hábil de caza.
Todos os animais de caza maior, que fosen abatidos,
deberán ser identificados mediante unha precintaxe,
que lles será facilitada aos titulares dos
terreos cinexéticos, pola Consellería do Medio
Rural, logo do pagamento da correspondente taxa, e
que deberá colocarse de xeito que non se poida quitar
sen realizar a súa destrución.
TÍTULO IV
CAZA POR DANOS
Artigo 13º.-Danos producidos pola caza.
1. Co fin de reducir os danos que se poidan producir
na agricultura, na gandaría, na silvicultura, na
circulación viaria, na flora e fauna silvestres, os servizos
de conservación da natureza poderán acordar
medidas de control. Fóra do período hábil de caza,
estas medidas adoptaranse, logo de comprobación
dos danos existentes polos axentes de Conservación
da Natureza, seguindo directrices expresamente
establecidas pola Dirección Xeral de Conservación
da Natureza.
2. As principais medidas de control fronte aos
danos por especies que se poderán adoptar son as
seguintes:
a) Lobo (Canis lupus): por danos constatados desta
especie, poderanse autorizar esperas, ganchos ou
montarías durante todo o ano, salvo nos meses de
abril, maio e xuño, en que a especie está criando. A
existencia de danos deberá ser comunicada ao Servizo
de Conservación da Natureza tan axiña como
sexa posible co fin de proceder á súa comprobación,
como requisito previo á autorización por delegación
do director xeral de Conservación da Natureza, da
práctica cinexética sobre esta especie. Os solicitantes
de cada gancho, montaría ou espera autorizados
deberán informar dos seus resultados por escrito ao
Servizo de Conservación da Natureza correspondente
nun prazo máximo de cinco días hábiles seguintes
ao da súa realización. O incumprimento deste requisito
poderá supoñer a non autorización doutros e a
anulación automática dos xa autorizados.
b) Xabaril (Sus scrofa): co fin de reducir os danos
producidos por esta especie, tras comprobarse a
existencia daqueles, os servizos de conservación da
natureza poderán autorizar, por delegación do director
xeral de Conservación da Natureza, a realización
de ganchos, montarías ou esperas. As solicitudes
deberán presentarse no prazo máis breve posible a
partir da detección dos danos, de modo que permita
a súa comprobación polo servizo antes mencionado.
Os titulares dun Tecor tamén poderán solicitar a
adopción destas medidas de control nas zonas de
adestramento permanente para cans e zonas de
reserva que teñan autorizadas. Os solicitantes dos
ganchos, montarías ou esperas autorizados deberán
informar por escrito dos resultados destes ao servizo
de conservación da natureza correspondente, nun
prazo máximo de 10 días seguintes aos da súa realización.
O incumprimento deste requisito poderá
supoñer a non autorización de máis ganchos ou montarías
e a anulación automática dos xa autorizados.
c) Corzo (Capreolus capreolus): co fin de reducir os
danos producidos por esta especie poderase proceder
de igual forma que no caso do xabaril.
d) Raposo (Vulpes vulpes): co fin de apoiar a consecución
da finalidade perseguida polas actuacións de
xestión realizadas nos Tecor, poderase autorizar por
parte dos servizos de conservación da natureza, por
delegación do director xeral de Conservación da
Natureza, a realización de ganchos ao raposo nas
zonas de adestramento permanente para cans e nas
zonas de reserva que teñan aprobadas os Tecor. As
solicitudes deberán presentarse no prazo máis breve
posible a partir da detección dos danos, de modo
que permita a súa comprobación polo servizo antes
mencionado. Os solicitantes dos ganchos deberán
informar por escrito dos resultados destes ao servizo
de conservación da natureza correspondente, nun
prazo máximo de 10 días seguintes aos da súa realización.
O incumprimento deste requisito poderá
supoñer a non autorización de máis ganchos e a anulación
automática dos xa autorizados.
3. Para os danos producidos, tanto polo lobo como
polo xabaril ou polo corzo, en terreos cinexético de
réxime especial, as solicitudes serán formuladas
polo titular do dereito de aproveitamento, pero nelas
recolleranse obrigatoriamente as sinaturas do prexudicado
ou dos prexudicados polos danos detectados.
En terreos de aproveitamento cinexético común as
solicitudes serán formuladas polo prexudicado ou
polos prexudicados polos danos detectados.
4. O director xeral de Conservación da Natureza
establecerá limitacións temporais á adopción destas
medidas de control co fin de evitar alteracións nas
poboacións de fauna silvestre e non interferir na súa
cría e reprodución. Os servizos de conservación da
Nº 123  Mércores, 30 de xuño de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.963
natureza prestaranlles asesoramento técnico aos
afectados polos citados danos, para a adopción de
medidas alternativas de prevención e protección
para as persoas ou na agricultura, na gandaría, nos
montes ou na flora e fauna silvestres.
5. A carne das reses que se abatan en época de veda,
como consecuencia da adopción de medidas de control,
non poderá ser obxecto de venda ou comercio.
6. As pezas de caza maior que se abatan como consecuencia
da adopción de medidas de control, deberán
ser identificadas mediante precintaxes que serán
facilitadas pola Consellería do Medio Rural de balde.
Artigo 14º.-Aves prexudiciais para a agricultura e a
caza.
En virtude do disposto no artigo 9 da Directiva
79/409/CEE, poderase autorizar a caza e captura de
aves que lles poidan causar danos aos cultivos agrícolas
e á fauna.
Os interesados deberán formular unha solicitude
dirixida ao director xeral de Conservación da Natureza
na cal se fará constar:
a) Especie que se pretende cazar ou capturar.
b) Os prexuízos causados ou os riscos que se poidan
producir, así como a súa magnitude.
c) Que fosen probadas técnicas disuasorias sen
éxito.
d) Expresión do método, o tempo e o lugar onde se
pretende cazar as aves prexudiciais.
Será preceptivo o informe do servizo de conservación
da natureza correspondente sobre os danos
existentes, no que se indicará se os danos foron causados
ou non polas especies citadas. Se non fose
posible establecer razoablemente a orixe dos danos,
denegarase a solicitude.
TÍTULO V
RÉXIMES ESPECIAIS POR ESPECIES
Artigo 15º.-Réximes especiais por especies, aprobados
despois de oídos os comités provinciais de Caza e
o Comité Galego de Caza.
As regulamentacións específicas nos terreos de réxime
cinexético especial aprobadas polos servizos de
Conservación da Natureza, por delegación do director
xeral de Conservación da Natureza, por proposta dos
titulares, en que se establezan vedas e peches anticipados
dos distintos períodos hábiles, serán de obrigado
cumprimento. A infracción das limitacións ou
prohibicións que regulen as ditas regulamentacións
específicas sancionaranse de acordo co establecido na
Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.
Artigo 16º.-Réximes especiais por especies.
1. Caza menor:
a) Arcea (Scolopax rusticola) e agacha (Gallinago
gallinago): poderase prolongar o período hábil de
caza para estas especies ata o día 6 de febreiro de
2011, en terreos cinexéticos de réxime especial e
logo da solicitude acompañada dun plan de aproveitamento
cinexético aprobado. Establécese para estas
dúas especies unha cota de captura de 3 exemplares
por cazador e día.
b) Charrela (Perdix perdix): queda prohibida a súa
caza.
c) Lebre (Lepus granatensis): só se autoriza a súa
caza, no período hábil comprendido entre o 17 de
outubro e o 5 de decembro de 2010, en terreos de
réxime cinexético especial.
d) Raposo (Vulpes vulpes): no período hábil de caza
menor pódese cazar nas distintas modalidades de
caza menor e en gancho. Poderanse autorizar ganchos
para a caza do raposo desde o 29 de agosto de
2010 ata o comezo da tempada regular, e desde o 7
de xaneiro ata o 6 de febreiro do 2011, os xoves,
sábados, domingos e festivos en todo o territorio da
Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Paspallás (Coturnix coturnix): pódese cazar no
período hábil de caza menor. Poderase autorizar a
súa caza nos Tecor da antiga lagoa de Antela nos
concellos que se relacionan no anexo III desta orde,
entre o 21 de agosto e o 12 de setembro de 2010.
Autorízase a súa caza os sábados e domingos, cun
máximo de 15 escopetas por xornada de caza e un
máximo de 4 escopetas por cuadrilla, require autorización
expresa do Servizo de Conservación da Natureza
de Ourense, que, por delegación do director
xeral de Conservación da Natureza, poderá recoller
medidas especiais para garantir o cumprimento destas
condicións, e despois da presentación dun plan
técnico de caza que ten que incluír un censo da
especie, un cálculo do número de capturas totais e a
súa repartición por xornadas de caza, cun máximo
de 10 pezas por cazador e día. Os cuarteis de caza
autorizados contarán cunha superficie máxima de
1.000 ha, e o seu número virá dado en función da
superficie útil para a especie, de acordo coa seguinte
táboa:
Número de cuarteis autorizados:
2.000 ha<superficie útil para a especie<5.000 ha: 1.
5.000 ha<superficie útil para a especie<10.000 ha: 2.
10.000 ha<superficie útil para a especie: 3.
Só se autoriza a caza desta especie en terreos que
teñan realizada a colleita na súa maior parte. No
caso de alongarse o período de colleita, o Servizo de
Conservación da Natureza de Ourense, por delegación
do director xeral de Conservación da Natureza,
poderá atrasar o período ata un máximo de tres
semanas. Se os atrasos fosen maiores ou os censos
efectuados así o aconsellan, o director xeral de Conservación
da Natureza poderá modificar as cotas e os
períodos autorizados ou incluso anular o período. Os
Tecor deben estar dotados de vixilancia.
11.964 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 123  Mércores, 30 de xuño de 2010
f) Pombo torcaz (Columba palumbus) e rula común
(Streptopelia turtur): pódense cazar no período hábil
de caza menor. Poderase autorizar a súa caza xunto
co paspallás nas mesmas condicións que as reflectidas
na alínea e), nos Tecor da antiga lagoa de Antela
nos concellos que se relacionan no anexo III desta
orde, fixándose unha cota máxima de captura para
estas especies e neste período de caza, de 5 exemplares
por cazador e xornada.
g) Pato cullerete (Anas clypeata), rula turca (Streptopelia
decaocto), gaivota escura (Larus fuscus), pomba
brava (Columba livia), pomba zura (Columba
oenas) e gralla cereixeira (Corvus monedula): queda
prohibida a súa caza.
h) Tordo real (Turdus pilaris), tordo galego (Turdus
philomenos), tordo malvís (Turdus iliacus) e tordo charlo
(Turdus viscivorus): autorízase a súa caza durante o
período hábil de caza menor. Prolóngase o período
hábil de caza para estas especies ata o día 30 de
xaneiro de 2011, na superficie dos Tecor incluída nos
concellos de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño,
Tomiño, O Rosal e Tui da provincia de Pontevedra.
2. Caza maior:
a) Corzo (Capreolus capreolus): desde o 29 de agosto
e ata o 16 de outubro de 2010, poderanse autorizar
as modalidades de gancho, montaría e axexo, os
sábados, domingos e festivos para machos adultos e
desde o 26 de setembro ata o 16 de outubro e ademais
o día 23 de outubro de 2010, femias adultas en
descaste.
A autorización do Servizo de Conservación da
Natureza fixará o número de pezas máximo que se
poderá abater de acordo co plan de aproveitamento.
Non se poderán autorizar na mesma mancha un gancho
e un axexo simultáneos, nin modalidades de
caza maior e menor simultaneamente.
Só en casos moi especiais, e con indicación no
Plan de ordenación cinexético aprobado, poderán
autorizarse outras idades.
En terreos baixo réxime cinexético especial, poderanse
cazar os machos de corzo mediante a modalidade
de axexo, desde o 1 de abril ata o 31 de xullo de
2011, podéndose autorizar calquera día da semana.
b) Xabaril (Sus scrofa): o período hábil estenderase
desde o 29 de agosto de 2010 ata o 30 de xaneiro
de 2011, nas modalidades de gancho ou montaría,
autorizadas segundo o establecido no artigo 12º desta
orde.
En terreos de réxime cinexético especial, poderá
cazarse os xoves, sábados, domingos e festivos.
Así mesmo, mentres se está cazando corzo, cervo,
gamo ou muflón ao axexo, poderase disparar a exemplares
de xabaril con autorización expresa dos servizos
de conservación da natureza, por delegación do
director xeral de Conservación da Natureza, aos
cales haberá que comunicar os resultados das pezas
abatidas de xabaril no prazo máximo de 10 días despois
da súa realización.
Queda prohibido realizar, na mesma mancha e xornada,
ganchos sobre esta especie e caza en man
sobre especies de caza menor.
c) Cervo, gamo e muflón (Cervus elaphus, Dama
dama e Ovis ammon musimon): o período hábil
estenderase na modalidade de axexo unicamente,
desde o 12 de setembro ata o 10 de outubro de 2010,
sobre machos adultos e femias adultas en descaste e
en terreos cinexéticos de réxime especial, logo de
autorización dos servizos de Conservación da Natureza,
por delegación do director xeral de Conservación
da Natureza.
Desde o 9 de outubro de 2010 ata o 20 de febreiro
de 2011, os servizos de Conservación da Natureza
poderán autorizar, por delegación do director xeral
de Conservación da Natureza, as modalidades de
gancho, montaría e axexo, os xoves, sábados, domingos
e festivos, nos terreos cinexéticos de réxime
especial. Esta autorización requirirá a presentación
dun plan de aproveitamento cinexético.
d) Cabra montesa (Capra pyrenaica): prohíbese a
caza desta especie no territorio de Galicia.
e) Rebezo (Rupicapra pyrenaica): o período hábil
estenderase do 16 de agosto ata o 30 de outubro de
2010, na modalidade de axexo e na Reserva Nacional
de Caza dos Ancares exclusivamente.
f) Lobo (Canis lupus): queda en xeral prohibida a
súa caza en Galicia, podendo adoptarse medidas de
control fronte aos danos producidos pola especie, de
acordo co reflectido no artigo 13º.2.a) desta orde.
Artigo 17º.-Terreos en que se prohibe o exercicio da
caza.
Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza
nos terreos recollidos no anexo I desta orde.
Disposición adicional
Única.-As datas e condicións para presentar o
Plan de aproveitamento cinexético anual correspondente
á tempada 2010-2011, serán as seguintes:
-No caso dos Tecor ou explotacións cinexéticas
que teñan vixente ou presentada a renovación do
Plan de ordenación cinexética, deberán achegar ao
correspondente servizo de conservación da natureza
o Plan de aproveitamento cinexético anual, no prazo
de 20 días, contado a partir do día seguinte ao da
publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
-No caso daqueles Tecor ou explotacións cinexéticas
que non teñen vixente o seu Plan de ordenación
cinexética e aínda non presentaron a súa renovación,
establécese como data límite para a presentación
do novo Plan de ordenación cinexética xunto co
Plan de aproveitamento cinexético anual, o mes de
agosto de 2010.
Nº 123  Mércores, 30 de xuño de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.965
Considerando o establecido no artigo 1º desta orde,
respecto da duración da tempada de caza 2010-2011,
así como o acordado na reunión do Comité Galego de
Caza, os Tecor ou explotacións cinexéticas que pretendan
realizar o aproveitamento cinexético de
machos de corzo mediante a modalidade de axexo, no
período comprendido entre o 1 de abril e o 31 de
xullo de 2011, deben reflectir a súa planificación no
Plan de aproveitamento cinexético anual correspondente
á tempada 2010-2011, para estes efectos os
exemplares que, cobrados nos axexos realizados desde
o 1 de abril ata o 31 de xullo do ano 2010, non
computan na cota de capturas que se debe establecer
no citado Plan de aproveitamento anual.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Conservación
da Natureza para modificar o inicio ou o remate
dos períodos de caza sinalados, cando haxa razóns
especiais que o xustifiquen, así como para ditar as
normas necesarias para o desenvolvemento e a aplicación
desta orde.
Segunda.-Facúltanse os xefes territoriais da Consellería
do Medio Rural para autorizar competicións
deportivas que afecten unha soa provincia e a director
xeral de Conservación da Natureza cando afecten
máis dunha ou sexan de carácter nacional.
Terceira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte
ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2010.
Samuel Jesús Juárez Casado
Conselleiro do Medio Rural
ANEXO I
A delimitación gráfica das diferentes zonas nas
que se prohibe o exercicio da caza en cada provincia
pódese consultar no servizo provincial de conservación
da natureza correspondente.
Lémbrase con carácter xeral a prohibición de
cazar nas zonas de seguridade a que se refire o artigo
5 da Lei 6/2006, do 23 de outubro, que lle dá
nova redacción ao artigo 25 da Lei 4/1997, do 25 de
xuño, de caza de Galicia.
1. A Coruña:
I) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza no arquipélago de Sálvora, pertencente ao Parque
Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas
de Galicia.
II) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza no Parque Natural do Complexo Dunar de
Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, no termo
municipal de Ribeira. A delimitación desta zona é a
seguinte:
N-Vila de Corrubedo e estrada de acceso a esta
desde Artes.
S-Camiño que une a parroquia de Vilar con Liboi
ata Punta Corveiro.
L-Camiño que comunica as parroquias de Artes e
Vilar.
O-Océano Atlántico.
III) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza na zona costeira occidental atlántica do termo
municipal de Muros. A delimitación de esta zona,
denominada Lagoa de Louro, é a seguinte: camiño
público que desde O Ancoradoiro sae á estrada AC-550
de Cee a Ribeira; segue por esta estrada ao longo de
200 metros para continuar polo límite do Monte
Naraío e Tixia e polo camiño a través deste, ata
alcanzar a AC-550 pasando polo casarío da Madanela,
80 metros ao longo desta ata o comezo do chamado
camiño do monte Louro, límite deste monte entre
o camiño e o mar; liña de costa ao longo da praia de
Louro ata o porto do Ancoradoiro e desde aquí, en
liña recta, ata o punto de partida.
IV) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza nas illas Sisargas.
V) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza na zona costeira occidental atlántica do termo
municipal de Porto do Son. A delimitación desta
zona denominada lagoas de Xuño e San Pedro de
Muro é a seguinte: río Sieira desde a súa desembocadura
no océano Atlántico, río arriba, ata a estrada
de Noia a Santa Uxía de Ribeira (km 52,3). Desde
este punto ata a encrucillada da estrada de Seráns,
pasando por San Pedro de Muro, ata a antiga fábrica
de tella. Desde aquí seguindo o camiño que chega
ata a punta do cabo Teira séguese pola liña de costa
ata a desembocadura do río Sieira.
VI) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza na zona costeira occidental atlántica do concello
de Ferrol, denominada lagoa de Doniños. A delimitación
desta zona é a seguinte: polo norte, partindo da
liña de costa séguese a liña que separa os terreos de
uso militar, ata chegar á encrucillada da estrada que
vai a Curros e Fontemaior; desde esta encrucillada de
estradas séguese pola estrada de Fonta ata chegar á
Punta Penencia na costa e desde aquí, pola liña de
costa, ata a liña de terreos de uso militar.
VII) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza na zona da lagoa da Frouxeira, no concello de
Valdoviño. A delimitación desta zona é a seguinte:
polo norte desde a punta Frouxeira, ao longo do
areal ou praia da Frouxeira, pola liña de costa ata a
liña recta imaxinaria trazada desde a illa Percebelleira
ata a estrada que desde Porta do Sol, en Valdoviño,
remata na praia. Seguindo por esta estrada
ata a estrada de Ferrol a Cedeira e por esta ata o seu
cruzamento coa de Ferrol a Valdoviño ata Canto do
Muro, pola estrada local da Frouxeira ata a Punta
Frouxeira.
VIII) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza na zona do monte San Xurxo, no concello de
Ferrol. A delimitación desta zona é a seguinte: nor11.966
DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 123  Mércores, 30 de xuño de 2010
te e oeste co océano Atlántico, ao leste con predios
particulares na demarcación parroquial de San Xurxo
en que está situado o monte, ao sur con predios
particulares e o océano Atlántico.
IX) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza na zona do monte Brión, no concello de Ferrol. A
delimitación desta zona é a seguinte: polo norte e oeste,
demarcación parroquial de Doniños. Ao leste, con
propiedades particulares da parroquia de Brión, ao
sur con propiedades particulares e océano Atlántico.
X) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza no encoro de Cecebre. A delimitación desta
zona é a seguinte:
N-Desde a presa seguindo pola estrada que une o
lugar de Cecebre con San Román, atravesando os
lugares de Seixurra e San Román, ata o cruzamento
coa autoestrada do Atlántico.
L-Seguindo a autoestrada ata o quilómetro 17 e
continuando por unha pista en terra de servidume
daquela, para rematar na presa de formigón sobre o
río Mero.
S-Desde o punto anterior seguindo a marxe dereita
do río Mero ata a ponte e continuando pola estrada
entre os lugares de Torre, O Covelo, Agrolongo e
Orto de Arriba ata o viaduto do río Barcés, cuxa
marxe dereita segue ata o lugar de Táboas, na estrada
de Mabegondo a Carral.
O-Seguindo a marxe esquerda do río Barcés ata o
viaduto e continuando pola estrada ata a presa do
encoro.
XI) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza no encoro de Sabón. A súa delimitación é a
seguinte: desde a presa do encoro contiguo á central
térmica de Sabón pola estrada de servizo do polígono
industrial, deixando o encoro á man esquerda ata
o cruzamento da estrada da Coruña a Fisterra. Desde
este punto e seguindo a estrada de servizo do
polígono, ata as instalacións industriais de Silicios
de Sabón, S.A. e presa.
XII) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza nas Brañas de Sada: termo municipal de Sada,
parroquia de Sada. Coordenadas: lonxitude 8º 15' W,
latitude 43º 21' N.
XIII) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza na ZEPA Es0000086, Ría de Ortigueira e
Ladrido. A delimitación desta zona é a que figura na
resolución do 30 de abril de 2004, da Dirección
Xeral de Conservación da Natureza (DOG número
95, do 19 de maio), pola que se dispón a publicación,
no Diario Oficial de Galicia, da cartografía
onde se recollen os límites dos espazos naturais
declarados zonas de especial protección dos valores
naturais polo Decreto 72/2004, do 2 de abril (Diario
Oficial de Galicia número 69, do 12 de abril).
Como excepción á prohibición anterior, permítese,
logo da autorización do Servizo Provincial de Conservación
da Natureza da Coruña, a caza do xabaril
mediante as modalidades de caza maior recollidas
no artigo 37.1º do Decreto 284/2001, do 11 de outubro,
polo que se aprobou o Regulamento de caza de
Galicia.
XIV) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza no encoro da Ribeira, termo municipal das
Pontes de García Rodríguez. A delimitación desta
zona é a seguinte:
N-Marxe do encoro e límite do Tecor C-10.121 ata
200 m da confluencia do regato Brandián.
L-Bordeando o predio Cabalar a 200 m do cercado
e continuando pola marxe dereita do río Eume ata a
área recreativa de Caneiro.
S-Desde a área recreativa de Caneiro seguindo o
camiño ou pista cara ás Pontes de García Rodríguez
ata a confluencia do camiño que baixa ao complexo
recreativo de Vilarbó, seguindo este camiño ata as
ditas instalacións e despois continuando pola marxe
esquerda do encoro, respectando os 200 m de
influencia, ata a presa.
O-Desde a presa seguindo a marxe do encoro en
Cuíña, Vilarnovo e Maraxón ata pechar o perímetro.
XV) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza na Ría de Ferrol desde a ponte das Pías ata a
desembocadura do Xuvia en ambas as dúas marxes.
XVI) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza nas marismas de Baldaio, nos seguintes límites:
N-Océano Atlántico.
S-O camiño desde Rebordelos a Santa Mariña,
pasando pola Igrexa, Castrillón, Outeiro, Cambre e
Arnados.
L-O camiño desde a praia Pedra do Sal ata Rebordelos.
O-O camiño desde Santa Mariña á Punta do Pazo.
XVII) Queda prohibido o exercicio de toda clase
de caza na enseada de Insua, en Ponteceso, nos
seguintes límites:
N-O camiño local de Punta Balarés a Cospindo,
continuando pola estrada de Corme ata Ponteceso,
estrada de Ponteceso a Buño.
S-Estrada de Ponteceso a Laxe, ata o lugar de Canduas.
L-O camiño que vai desde a estrada de Ponteceso
a Buño ata o río Anllóns, continuando por este, ata
Anllóns de Arriba.
O-A liña que une Canduas, Punta Padrón e Punta
Balarés.
XVIII) Queda prohibido o exercicio de toda clase
de caza na lagoa de Traba, nos seguintes límites:
N-Océano Atlántico.
Leste e sur-Desde punta Arnado seguindo polo
camiño en parte, ata enlazar coa última pista de conN
º 123  Mércores, 30 de xuño de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.967
centración parcelaria, que discorre paralelamente á
lagoa en dirección ao lugar de Cernado.
O-Pista asfaltada que une o lugar de Mórdomo coa
estrada comarcal de Laxe-Ponte do Porto.
XIX) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza no LIC Es1110007 Betanzos-Mandeo. A delimitación
desta zona é a que figura na Resolución do
30 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Conservación
da Natureza (DOG número 95, do 19 de
maio), pola que se dispón a publicación, no Diario
Oficial de Galicia, da cartografía onde se recollen os
límites dos espazos naturais declarados zonas de
especial protección dos valores naturais polo Decreto
72/2004, do 2 de abril (Diario Oficial de Galicia
número 69, do 12 de abril).
XX) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza na estación cinexética de Cerqueiros en Monfero.
XXI) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza na marisma de Carnota na área incluída dentro
do perímetro da masa de auga.
XXII) Queda prohibido o exercicio de toda clase
de caza no encoro de Vilagudín, nos termos municipais
de Cerceda, Ordes e Tordoia, na área incluída
dentro dos 200 metros da cota máxima do nivel de
auga do encoro.
XXIII) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza no encoro de Vilasenín, nos termos municipais de
Cerceda e Ordes, na área incluída dentro dos cinco
metros da cota máxima do nivel de auga do encoro.
O Servizo de Conservación da Natureza da Coruña
sinalizará os límites territoriais que comprende a
prohibición.
XXIV) Queda prohibido o exercicio de toda clase
de caza nos montes veciñais en man común Xián,
Furiño, Gándara, A Ribeiratorta e Reboredo, das
parroquias de Colúns (San Salvador) e Arcos (Santiago),
do concello de Mazaricos.
XXV) Queda prohibido o exercicio de toda clase
de caza no predio do mosteiro de Sobrado.
XXVI) Queda prohibido o exercicio da caza na
zona seguinte do Barbanza:
Linde O: iníciase na cota 557, que linda os montes
de Barbanza de Cures e Barbanza de Nebra, continúa
polas cotas 576, 567, 602, 600, 581, 593, 663,
606, 612, 597, e 620 de Barbanza de Nebra, segue
polas cotas 622, 616 de Barbanza de Noal, continúa
polas cotas 634, 626, 629, 644 e 616 de Barbanza de
Baroña, cota que fai límite cos montes de Barbanza
de Boiro.
Linde L: da cota 616, límite entre os montes de
Barbanza de Baroña e Barbanza de Boiro, cruzando
o rego Barazal ata a cota 561 de Barbanza de Boiro,
de aquí á fonte de Porto Traveso e ás cotas 562, 572,
576 e 557 de Barbanza de Cures recollendo o inicio
do linde O.
XXVII) Queda prohibido o exercicio da caza, nos
terreos do concello de Sobrado que abranguen os
seguintes límites:
S: desde o quilómetro dous da estrada LC-233 ata
a saída do regato da lagoa de Sobrado; séguese o seu
curso ata o lugar da Pontepedra.
O: desde A Pontepedra, seguindo a estrada ata o
quilómetro 18 da LC-231.
N: pola estrada que vai ao Centro Ictioxénico ata a
dita instalación.
L: desde o Centro Ictioxénico, monte a través ata o
quilómetro dous da estrada LC-233.
XXVIII) Queda prohibido o exercicio de toda clase
de caza nas marismas de Dodro.
O Servizo de Conservación da Natureza da Coruña
sinalizará os límites territoriais que comprende a
prohibición.
2. Lugo:
a) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza nas xunqueiras e ría do Eo; desde a ponte de
Porto pola pista que pasa por Mión de Louteiro, ata
a altura do km 4,700 da estrada de Vegadeo a Lugo,
onde cruza o río Eo; desde este punto quilométrico
segue pola citada estrada de Lugo a Vegadeo ata
Porto de Abaixo, desde aquí e pola estrada nacional
de Santander á Coruña ata Ribadeo, desde aquí pola
estrada provincial ata Senra, desde aquí pola pista
que chega á punta de costa denominada punta de
Penas Brancas.
b) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza no monte propiedade da Comunidade Autónoma
de Galicia denominado Fraga Vella, sito nos termos
dos concellos de Abadín e Mondoñedo. A delimitación
correspondente é a seguinte:
N-Monte de utilidade pública Tremoal e Fraga das
Vigas, parroquia de Labrada, do concello de Abadín:
Casarío dos Agros e río Fraga Vella.
L-Río Fraga Vella e monte de utilidade pública
nº 46-B Brañas e Toxiza, da parroquia de Mondoñedo
e outras.
S-Monte de utilidade pública nº 43 Coto da Cal, da
parroquia de Romariz, do concello de Abadín.
O-Monte de utilidade pública nº 44 Tremoal e Fraga
das Vigas, da parroquia de Labrada, do concello
de Abadín.
c) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza nos terreos de Espiñeira e lagoa de Cospeito, do
concello de Cospeito. A delimitación correspondente
é a seguinte:
N-Termo do concello de Vilalba, ata o punto de
cruzamento da estrada de Rábade a Montecelos por
Cospeito, en Guisande.
L-Estrada de Rábade a Moncelos por Cospeito.
11.968 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 123  Mércores, 30 de xuño de 2010
S-Estrada de Rábade a Montecelos por Cospeito,
lugar de Feira do Monte e estrada de Cospeito a
Vilalba, ata a ponte de Sistallo.
O-Pista da ponte de Sistallo á casa de Angulo da
Espiñeira, ata o límite co concello de Vilalba.
d) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza nos terreos do monte de Veral, propiedade da
Comunidade Autónoma de Galicia, parroquia do
Veral, concello de Lugo. A delimitación correspondente
é a seguinte:
N-Estrada de Lugo a Friol e río Mera.
L-Propiedades particulares da parroquia de San
Xoán do Alto.
S-Propiedades de veciños de San Xoán do Alto e
camiño de Abelaidas.
O-Río Mera, monte da parroquia do Veral, e propiedades
dos veciños do Veral.
e) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza no monte Paramedela no concello de Pobra do
Brollón. A delimitación correspondente é a seguinte:
N-Monte de Salcedo a Bairán.
L-Monte de Salcedo a Bairán.
S-Monte de Salcedo a Bairán e río Lor, concello de
Quiroga.
O-Monte de Salcedo e Bairán e río Loureiro.
f) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza no monte Bibei, concello de Quiroga. A delimitación
correspondente é a seguinte:
N-Monte de Enciñeira.
L-Provincia de Ourense, monte comunal e propiedades
particulares.
S-Provincia de Ourense.
O-Río Bibei, propiedades particulares, regato de
Cavados e estrada de Ourense a Ponferrada.
g) Queda prohibido o exercicio da caza na Devesa
de Rogueira, sita en Moreda-O Courel, coa seguinte
delimitación:
N-Monte e prados en Moreda.
L-Monte de Moreda e de Vieña, ata o pico de Formigueiros.
S-Termo municipal de Quiroga ata Corga de Mosa
e monte de Ferreiros ata Pico Polín.
O-Monte de Parada.
h) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza na ría de Foz, nos límites territoriais que se
sinalan a continuación:
N-Boca da ría desde Punta do Cabo ata Punta de
San Bartolomeu.
L-Desde o punto anterior pola beira leste da praia
de Altar á de Tupido, estrada de Viladaide e Áspera
e camiño á igrexa de San Cosme de Barreiros, estrada
ao Vilar, ferrocarril Ferrol-Gijón ata o camiño de
dirección N-S á estrada comarcal 642 de Ferrol por
Ortigueira.
S-Estrada C-642, A Espiñeira e Ponte da Espiñeira.
O-Desde a Ponte da Espiñeira, pola estrada C-642
ata Fondós, baixada á punta de Malatel e beira da
ría ata punta do Cabo.
i) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza na Veiga de Pumar, concello de Castro de Rei.
A delimitación correspondente é a seguinte:
N-Termo municipal de Cospeito, pola estrada de
Rocelle a Porto do Monte e en liña recta ao Porto de
Boraño, no río Miño.
L-Río Miño ata 200 metros augas abaixo da
desembocadura do regato de Pumar, na presa de
Oroxe, leiras particulares ata o cruzamento da estrada
de Xustás a Oroxe.
S-Estrada de Oroxe a Almudia.
O-Estrada de Almudia a Arneiro ata o límite do
termo municipal de Castro de Rei.
j) Queda prohibido o exercicio da caza nos terreos
que integran as lagoas do Pedroso, parroquias de
Pazos e Illán, no termo municipal de Begonte, cos
seguintes límites:
N-Pista de acceso desde O Pedroso ata a confluencia
co río Ladra.
L-Pista que comunica os lugares de Riocaldo e
O Pedroso.
S-Nacional VI.
O-Río Ladra.
3. Ourense:
a) Queda prohibida a caza nas augas e marxes de
dominio público do encoro de Castrelo de Miño, nos
termos municipais de Ribadavia, Castrelo de Miño e
Cenlle, desde os lugares de Sanín e Oleiros ata o
encoro.
b) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza no Parque Natural do Invernadoiro, o termo
municipal de Vilariño de Conso, de acordo co
Decreto 166/1999, do 27 de maio, polo que se aproba
o PORN.
c) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza na Finca Salgueiros, no termo municipal de
Muíños, pertencente ao Parque Natural da Baixa
Limia-Serra do Xurés.
d) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza nas zonas de reserva integral do Parque Natural
da Baixa Limia-Serra do Xurés, de acordo co
Decreto 27/1993, do 11 de febreiro, en que se declaran
como parque natural os citados terreos.
e) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza nos terreos incluídos na zona de influencia de
Nº 123  Mércores, 30 de xuño de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.969
explotación de areas da comarca da Limia, termo
municipal de Sandiás, de acordo co plano actualizado
do plan de recuperación das areeiras da Limia,
realizado polo Servizo Provincial de Conservación
da Natureza de Ourense.
f) Queda prohibido o exercicio da caza nos terreos
que comprenden o predio da Edreira e Nabuíñas, no
termo municipal de Laza.
g) Queda prohibido o exercicio da caza nas zonas
de reserva integral do Parque Natural Serra da Enciña
da Lastra de acordo co Decreto 77/2002, do 28 de
febreiro, polo que se aproba o PORN dese parque.
4. Pontevedra:
a) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza nos arquipélagos de Cíes, Ons e Cortegada,
pertencentes ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre
das Illas Atlánticas de Galicia.
b) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza nas augas mariñas, illotes e zona litoral de
dominio público da enseada de San Simón, formada
polo entrante da ría de Vigo ata a ponte de Rande,
sobre o estreito de Rande.
c) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza nas augas mariñas, illotes e zona litoral de
dominio público así como a zona marítima do complexo
intermareal de Umia-O Grove-Lanzada-punta
Bodeira, como consecuencia de que foi declarada
polo Consello de Ministros como zona húmida
incluída no Convenio Internacional de Ramsar.
d) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza nas zonas norte e sur das Gándaras de Budiño,
sitas no concello do Porriño:
N-Estrada que parte da estrada N-550 en dirección
Santo André.
S-Estrada que parte da N-550 en dirección Madanela.
L-N-550 e estrada de acceso ao polígono das Gándaras.
O-A división entre a vexetación da zona húmida e
os piñeiros, matogueira e terras de cultivo. Camiño
que parte da estrada que marca o límite norte e que
atravesa Centeáns, Quintela, e chega ata Madanela.
e) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza no encoro de Pontillón do Castro, sito no concello
de Pontevedra e cunha superficie de 31,5 ha
delimitadas polos seguintes lindeiros:
N-Pista forestal contigua ao encoro.
L-Pista forestal contigua ao encoro que continúa a
anterior.
S-Estrada comarcal de Pontevedra ao encoro, desde
a confluencia coa pista anterior ata o dique
daquel.
O-Liña imaxinaria paralela ao límite dos terreos
propiedade do Concello de Pontevedra, a unha distancia
de 250 m que parte do dique do encoro.
f) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza na zona sur da Illa de Arousa, denominada
Punta de Carreirón, cos seguintes límites:
N-Enseada da Brava e praia de Salinas.
L-Liña de costa.
S-Liña de costa.
O-Liña de costa.
g) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza na zona denominada Baixo Miño e illa Canosa,
cos seguintes límites:
N-Pola pista que delimita o piñeiral da praia de
Camposancos, segue pola faixa aberta polo tendido
eléctrico de alta tensión, segue ata o campo de
deportes, continúa por toda a zona húmida, desde a
pista que sae da Pasaxe ata a ponte do río Tamuxe.
L-Río Tamuxe.
S-Río Miño.
O-Océano Atlántico e punta de Santa Tegra.
h) Illa Canosa e Morraceira do Grilo en toda a súa
extensión.
i) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza no parque natural do Monte Aloia, en Tui.
j) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza na zona de Val Miñor, cos seguintes límites:
N-Estrada PO-340, desde a desviación para Mañufe
ata monte Lourido.
S-Estrada de Mañufe á ermida Santa Marta.
L-Estrada e ponte desde Mañufe á estrada PO-340.
O-Zona marítima desde a Ermida de Santa Marta
ata os illotes de Garza e monte Lourido.
k) Queda prohibido o exercicio de toda clase de
caza na Xunqueira de Alba, no termo municipal de
Pontevedra, cos seguintes límites:
N-Pista de Ponte Cabras ata a autoestrada A-9.
S-Río Lérez.
L-Pista desde As Correntes pasando pola Ponte do
Maxeiro, rúa da Gándara, ata a Ponte Cabras.
O-Autoestrada A-9.
ANEXO II
Relación de especies cazables comercializables no territorio
da Comunidade Autónoma de Galicia
-Aves:
Anas plathyrhynchos: pato real.
Alectoris rufa: perdiz rubia.
11.970 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 123  Mércores, 30 de xuño de 2010
Phasianus colchicus: faisán común.
Columba palumbus: pombo torcaz.
Columba oenas: pomba zura (1).
Coturnix coturnix: paspallás (1).
-Mamíferos:
Lepus granatensis: lebre.
Oryctolagus cuniculus: coello.
Vulpes vulpes: raposo.
Sus scrofa: xabaril.
Cervus elaphus: cervo.
Capreolus capreolus: corzo.
Dama dama: gamo.
Ovis ammon musimon: muflón (*).
(1) Só os exemplares procedentes de explotacións
industriais
(*) Especie incluída no convenio de Washington
ANEXO III
Concellos da provincia de Ourense, que abranguen
a antiga lagoa de Antela
Rairiz de Veiga.
Vilar de Santos.
Sandiás.
Vilar de Barrio.
Sarreaus.
Xinzo de Limia.
Trasmiras.
Porqueira.
Xunqueira de Ambía.
CONSELLO GALEGO
DE COOPERATIVAS
Resolución do 9 de xuño de 2010 pola que
se fai pública a concesión dos premios
sobre cooperativismo no ensino dirixido
aos centros educativos de Galicia.
Por Resolución do 15 de decembro de 2009 (DOG
nº 45, do 8 de marzo de 2010, corrección de erros
DOG nº 53, do 18 de marzo), o Consello Galego de
Cooperativas fixo públicas as bases do certame Cooperativismo
no ensino, dirixido aos centros educativos
de Galicia. No punto 1 do anexo establecéronse
as modalidades de debuxo, pintura e/ou vídeo e de
actividades cooperativizadas, dirixidas os centros
educativos de educación infantil, primaria e secundaria
obrigatoria. No punto 2 do anexo estableceuse
a modalidade de proxectos empresariais cooperativos
dirixida a centros de formación profesional.
Nas bases reguladoras destes premios establecíase
que os traballos participantes neste concurso serían
examinados e valorados por un xurado e que a súa
concesión se publicará no DOG.
Os xurados dos premios, na súa reunión do día 9
de xuño de 2010, resolveron a súa concesión.
Polo que antecede, e no uso das atribucións que
teño conferidas pola Lei 5/1998, do 18 de decembro,
de cooperativas de Galicia e polo Decreto 25/2001,
do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización
e o funcionamento do Consello Galego de Cooperativas,
DISPOÑO:
A publicación da resolución dos premios acordados
polos xurados, en cada unha das modalidades do
anexo.
A entrega dos premios terá lugar o día 3 de xullo
de 2010 nos actos públicos previstos con motivo da
conmemoración do día do cooperativismo que terán
lugar nas instalacións da Adega Condes de Albarei,
Sociedade Cooperativa Galega, en Baión, concello
de Vilanova de Arousa (Pontevedra).
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2010.
Beatriz Mato Otero
Presidenta do Consello Galego de Cooperativas
ANEXO
1. Certame Cooperativismo no ensino dirixido a
centros educativos de educación infantil, primaria e
secundaria obrigatoria:
1) Modalidade de debuxo, pintura, fotografía e
vídeo:
-Categoría A:
Premio ao mellor traballo: alumnos/as de 2º ciclo
de educación infantil.
En Domaio xuntos celebramos a primavera.
CEIP Domaio, Sobrado (A Coruña).
Accésit: alumnos/as de 2º ciclo de educación
infantil.
Unha cidade de contos.